viernes, 12 de diciembre de 2008
Robótica: HispaBot 2008
1.- Rastreadores: PDF Vídeo
2.- Velocistas: PDF Vídeo
3.- Sumo: PDF Vídeo
4.- Laberinto: PDF Vídeo
5.- Proba libre: PDF
6.- Fútbol: PDF
Vía: www.depeca.uah.es
viernes, 28 de noviembre de 2008
sábado, 15 de noviembre de 2008
viernes, 14 de noviembre de 2008
Proxecto: Ponte levadiza
A ponte constará de dous tramos móbiles, que se elevarán pola acción dun motor.
Tomamos estas imaxes como referencia:
Necesitaremos:
- Madeira (DM, Okumen, Aglomerado...)
- Ferramentas pertinentes (tornillos, desatornilladores, serras de corte...)
- Productos para pegar os materiais (Cola blanca, cola de carpinteiro, silicona quente...)
- Un motor
- Poleas
- Pequenas gomas para levar o movemento do motor as poleas
- Cordas para suxeitar a parte elevadiza
- Outros (elementos decorativos para darlle mellor visión ao proxecto)
martes, 28 de octubre de 2008
Potencia eléctrica
Enerxía: Capacidade que ten un mecanismo ou dispositivo eléctrico para realizar un traballo.
Cando conectamos un equipo ou consumidor eléctrico a un circuíto alimentado por unha fonte de forza electromotriz (F.E.M), como pode ser unha batería, a enerxía eléctrica que suministra flúe polo conductor, permitindo que, por exemplo, unha bombilla de alumeado, transforme esa enerxía en luz e calor, ou un motor poida mover unha maquinaria.
De acordo con a definición da física, “a enerxía nin se crea nin se destrúe, transfórmase”. No caso da enerxía eléctrica esa transformación maniféstase na obtención de luz, calor, frío, movemento, ou noutro traballo útil que realice calquer dispositivo conectado a un circuíto eléctrico pechado.
A enerxía empregada para realizar un traballo calquera mídese en “joule”, e represéntase coa letra “J”.