Enerxía: Capacidade que ten un mecanismo ou dispositivo eléctrico para realizar un traballo.
Cando conectamos un equipo ou consumidor eléctrico a un circuíto alimentado por unha fonte de forza electromotriz (F.E.M), como pode ser unha batería, a enerxía eléctrica que suministra flúe polo conductor, permitindo que, por exemplo, unha bombilla de alumeado, transforme esa enerxía en luz e calor, ou un motor poida mover unha maquinaria.
De acordo con a definición da física, “a enerxía nin se crea nin se destrúe, transfórmase”. No caso da enerxía eléctrica esa transformación maniféstase na obtención de luz, calor, frío, movemento, ou noutro traballo útil que realice calquer dispositivo conectado a un circuíto eléctrico pechado.
A enerxía empregada para realizar un traballo calquera mídese en “joule”, e represéntase coa letra “J”.
martes, 28 de octubre de 2008
Potencia eléctrica
Suscribirse a:
Entradas (Atom)