viernes, 27 de marzo de 2009

Instalación eléctrica nunha vivenda

· Interruptor de control de potencia (ICP):
É un interruptor automático destinado a controlar que a potencia que se utiliza esté dacordo con a potencia elexida e controlada polo usuario da instalación.



· Cadro xeral de mando e protección:
É o cadro de distribución que comprende os elementos de mando e protección da instalación do usuario e consta de:

- Interruptor diferencial (ID):
É un elemento destinado á protección das persoas, que desconecta automáticamente a instalación cando se produce unha derivación nalgún aparato electrodoméstico, ou nalgún punto da instalación. Esta desconexión del interruptor diferencial, evita a posibilidade dun accidente eléctrico. En vivendas sempre se instalará de alta sensibilidade (30mA), que aportan unha protección moi eficaz contra incendios, ao limitar a potencias moi baixas as eventuais fugas de enerxía eléctrica por defecto do aillamento.

-Pequenos interruptores automáticos (PIA):
En número igual ao de circuitos da instalación interior. Son elementos de corte e protección de cada un dos circuitos interiores.
Protexen cada circuito de sobrecargas ou cortocircuítos.

-Rede de terra:
Deberá conectarse á mesma todas as carcasas e partes metálicas dos aparatos eléctricos, de maneira qeu se existe algunha derivación, esta se desvíe á terra.
Según o Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión, a instalación eléctrica nas vivendas novas deberá, como mínimo, estar preparada para unha utilización de enerxía eléctrica en función da súa superficie, según o cadro seguinte.



Grado de electrificación / Superficie da vivenda en m² / Potencia mínima en vatios (W)
- mínimo / hata 80 m² / 3.000
- medio / de 80 a 150 m² / 5.000
- elevado / de 150 a 200 m² / 8.000
- especial / máis de 200 m² / máis de 8.000

-As instalacións nas vivendas están garantizadas polos fusibles, os PIA e o ICP:
O ICP desconectará a instalación cando a intensidade que pase por el sea maior que a equivalente á potencia contratada, servindo como elemento de control xeral da instalación, xa que cada un dos PIA ten por misión protexer e cortar a corrente dun solo circuito.
A seguridade das persoas está garantizada polo interruptor diferencial (ID) e a rede de terra.

Sin unha instalación adecuada non se pode dispoñer dun bo servicio eléctrico no fogar.

No hay comentarios: