Este circuito podemos utilizalo para múltiples proxectos: Como unha ponte levadiza, un ascensor, a barreira dun parking.
Por exemplo para o caso dunha ponte levadiza, despois de deseñar a estrutura e mecanismo da ponte, incluiremos un circuíto de control:
Para o control da subida e baixada da plataforma utilizaremos un circuíto inversor de xiro do motor que incluirá dous finais de carreira conectados na posición de normalmente pechados, tal e como se ve no esquema eléctrico seguinte. Ao premerse cortan o paso da corrente obrigando ao motor a deterse ata que o conmutador cambie de posición.
Incorpora un semáforo na estrada que dá á ponte que marque vermello cando a plataforma está subida ou en movemento, e verde cando está baixada.
Incorpora indicadores luminosos para a subida e a baixada. Ao subir a plataforma débese acender un led que indique subida, e ao baixar débese acender un LED que indique baixada.
Información sacada de aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario